23.4.20

Feliz día do libro!

DÍA DO LIBRO 2020

Un ano máis, coma todos, festexamos este día con actividades relacionadas coa lectura, para que tanto os nenos coma os adultos nos acheguemos un pouquiño máis a este mundo marabilloso das letras. E este ano, máis que nunca, seguiremos dende as casas potenciando o hábito lector que tantas horas de ledicia nos proporciona nestes tempos difíciles polos que estamos a pasar. 

A nosa compañeira María Navaza está a desenvolver unha actividade moi chula cos rapaces de 1º da ESO e os traballos que está a recopilar ó longo desta semana colgarémolos a partir da que ven. 








Tamén queremos deixarvos o enlace a unha páxina web onde podedes descargar o libro "AMAR" de Palabras Aladas , con actividades diarias. É un libro pensado a partir de 6 anos ata os 99, moi interesante, que fala das emocións e lles axudará a entender o que nos pasa nestes días que toca estar na casa nunha situación estrana para todos. Agardamos que vos sexa de utilidade.


E xa para rematar este día tan especial nos gustaría que fixérades un visionado deste corto tan propicio. Titúlase "Los fantásticos Libros Voladores del Sr Morris Lessmore"
Vale a pena.


FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!!!!!




1 comentario:

RBrun dijo...

Estupendo 😉