18.4.20

Biblioteca na cuarentena

Ola a tod@s

Aínda que no instituto non haxa actividade presencial e non podemos facer todas as actividades que tiñamos plantexadas dende a biblioteca (visita de David Lozano Garbala, saída á Expotaku da Coruña co Mawari Club (club de manga), o obradoiro de escritura expresiva de Marisé Barreiro, a presentación no auditorio dunha obra das coñecidas María Lado e Lucía Aldao, a visita á Libraría Lello en Oporto cos rapaces de 1º da ESO... ) Todas estas e algunha actividade máis xa estaban en marcha e, como ben sabedes, tivemos que suspendelas. Iso non quere dicir que non sigamos en activo facendo cousas dende a casa para que, o curso que ben, poidamos levalas a cabo. Que saibades que estamos aquí e que desexamos, sobre todo, que aproveitedes estes días para ler sen parar. Unha aperta moi grande para todos vós dende a biblioteca.

No hay comentarios: