24.4.20

Aprende coas mulleres galegas

Ola, xente. Non queríamos deixar pasar esta iniciativa tan chula que está a promover a 
Secretaría Xeral de Igualdade e que consiste na realización de diferentes materiais que teñen por obxectivo aproveitar didácticamente este periodo de confinamento para dar a coñecer biografías de Mulleres Galegas que destacaron en diferentes campos: Maruja Mallo, María Victoria Moreno, Concepción Arenal, Ángela Ruíz, Ángeles Alvariño... Trátase de pequenas actividades con pasatempos que ademais de facernos pasar un rato divertido nos permiten coñecer personaxes femininas galegas importantes. No seguinte enlace podedes atopar as actividades e descargalas en pdf para aprender con diversión: 


No hay comentarios: