25.11.19

Miguel Vázquez Freire volve ao IES de Rodeira

O profesor, escritor e amigo Miguel Vázquez Freire, volveu polo noso instituto para presentarnos a súa obra Da carapuchiña ao Sr. Lamote, obra de reflexión literaria publicada pola editorial Xerais.
Cos pequenos falou e falaron das obras que el considera clásicos da literatura infantil e xuvenil e que ademais se poden ler na nosa lingua. Cos grandes falou diso mesmo pero centrouse a conversa na obra de Dickens. O profesor Salvador Castro preparara previamente co seu alumnado algúns dos fragmentos de Oliver Twist que Miguel Vázquez analiza máis polo miúdo na súa obra.
Unha vez máis, gozamos da charla amena e moi ben documentada deste autor que, entre outras moitas cousas, non deixa nunca de facernos partícipes da súa amante visión da literatura e neste caso, daquela máis orientada ao público infantil e xuvenil.

     Co alumnado de 1º ESO na biblioteca do instituto

Co alumnado de Literatura Universal de 1º Bacharelato na aula

No hay comentarios: