O día 4 de novembro celebrouse o Día da Ciencia en Galego.
O principal obxectivo desta celebración consistía salientar a difusión do
coñecemento científico no idioma galego e resaltar as achegas dos galegos á
ciencia universal.
Este ano os profesores de matemáticas escolleron como símbolo as aves e bolboretas que, ao igual que a
ciencia e os científicos, non fan caso de fronteiras nin de barreiras culturais e
políticas e que, do mesmo xeito que moitos científicos cando se ven obrigadas a
saír fóra na procura de alimento, saben atopar o camiño de volta.
Como todos os anos déronlle forma o seu símbolo para que tanto os
paxaros como as bolboretas levaran o seu desexo: facer ciencia en galego.
A semana da celebración, en concreto, o día 6 de novembro non lles fixeron caso os muros que llelo impedían.
Cada profesor, na aula de ESO na que impartía clase e despois de explicarlles ós rapaces o que se celebraba, fixo con eles a actividade prevista nese nivel que se detalla a
continuación:
En 1º da ESO pintaron, recortaron, pegaron e doblaron as
siluetas de papel das bolboretas monarca.
En 2º da ESO construiron as bolboretas de papel.
En 3º da ESO paxaros de papel e en 4º da ESO anduriñas de papel.
Os profesores recolleron os traballos dos alumnos para expoñelos posteriormente nos
corredores do instituto. Toda a actividade foi realizada en galego e nos papeis que se utilizaron debían escribir en galego algún resultado científico que estaban a traballar nese
momento nalgunha materia de ciencias.
Dende a biblioteca, para acompañar toda esa actividade, montamos unha mesa con libros de ciencia en galego.
Foi un traballo precioso que quedou así de vistoso:
No hay comentarios:
Publicar un comentario