17.11.19

Arranca o Vaidelibros


 Resultado de imagen de tres pintores xerais


O día 13 de novembro inauguramos as sesións do Vaidelibros do curso 2019-2020. A lectura para esta data foi Tres pintores, do autor galego Cid Cabido.
Contamos coa presenza do autor que, moi sobre a marcha, apuntouse a acompañarnos na xornada en que se falaba do seu libro.
Coma sempre, ter con nós ao autor da obra lida  é garantía de maior aproveitamento da lectura e, neste caso, dun achegamento á mesma que sen as palabras do autor non se tería dado.
Deleitounos Cid Cabido coa súa sabiduría literaria, coa súa templanza e o seu bo estar mesmo cando algunhas das críticas non lle foron moi favorables.
Aproveitamos para agradecerlle dende este modesto espazo a súa colaboración e contamos con seguir a ler a súa obra e a que estea por vir.



No hay comentarios: