13.12.19

El prado de Rosinka. Sesión de decembro do Vaidelibros

El prado de Rosinka é o relato de Gudrun Pausewang, neta da protagonista da historia que se recolle neste libro de estilo epistolar. O que se conta a través desas cartas que a protagonista escribe ao neto dunha amiga,  é a experiencia de  quen, xunto co seu home, deseñan un estilo de vida afastado da urbe e no que o autoabastecemento é a fonte de vida. Isto acontece nos anos anteriores á II Guerra Mundial. O estoupido da guerra provocará o alistamento do pai da familia no exército tendo que fuxir o resto da familia do territorio no que se asentaran para non seren perseguidos. O pai finalmente morre e será a nai quen teña que sacar adiante a familia coa axuda desas fillas e fillo que xa ían ben entrenados para a supervivencia en situacións pouco favorables.

En xeral gustou este libro que, como se falou na conversa, dá que pensar e mesmo pode ter moito que ver con solucións que hoxe en día se procuran aos problemas que sofre o planeta pola superexplotación.



No hay comentarios: