20.2.19

San Valentín

Este 14 de Febreiro celebramos o día do amor diverso dende a biblioteca facendo traballar ós rapaces o tema das emocións e os sentimentos e o fixeron a través dun corazón vermello no que cada alumno escribiu un sentimento, unha emoción, un poema, un refrán...relacionado co tema. Con todos eses corazóns xuntos montamos dous corazóns xigantes que expusemos fora da biblioteca. Os rapaces non só participaron na elaboración dos mesmos se non que tamén axudaron a colocalos. Foi todo moi divertido.







No hay comentarios: