28.2.19

Principio de incerteza

En febreiro, no Vaidelibros, xuntámonos para falar de Principio de incerteza, primeira novela publicada de Pilar Ortega, gañadora asimesmo do Premio Ánxel Fole de novela  2017.
Nesta ocasión contamos coa presenza da autora, Pilar Ortega, que se mostrou encantada de compartir cos lectores/as a sesión de comentarios sobre a súa obra. En xeral, estes  foron moi eloxiosos para unha obra que espertou o interese dende o primeiro momento.
Os asistentes puidemos tamén saber máis sobre Principio de incerteza ao escoitar todo o que a súa autora nos quixo contar sobre as personaxes, o proceso de creación, o interese en ver publicada a obra literaria,...
Contar, unha vez máis, con alumnado de 2º de bacharelato, foi un aliciente máis nesta sesión.

Grazas á autora,  Pilar Ortega,  pola súa visita desinteresada , por atender ás preguntas dun xeito moi sincero e, como xa fixemos na súa presenza, conminala a seguir escribindo pois con Principio de incerteza xa meteu no peto a un bo feixe de lectores/as.





No hay comentarios: