20.2.19

Antonio García Teijeiro

O venres 8 de Febreiro visitounos o gran escritor e poeta Antonio García Teijeiro, que viu a falar cos rapaces de 1º da ESO sobre a súa traxectoria como escritor e como gañador do premio nacional no 2017 co libro de poemas "Poemar  Mar". A verdade é que non deixou indiferente a ninguén e tanto os alumnos coma os profesores que tivemos a sorte de escoitalo, quedamos abraiados coa súa sinxeleza, co seu saber estar, coa interacción que mostrou cos alumnos... O seu xeito de contar as cousas e a súa forma de recitar encantou a todo o alumnado. As súas vivenzas pasaron a ser nosas por unhas horas e contounos, entre outras cousas, as súas viaxes, as súas grandes amizades con poetas e escritores moi coñecidos, e, sobre todo, cómo foi o momento no que lle dixeron que fora nomeado gañador do premio nacional. Foi unha visita excepcional e sentímonos moi agradecidos. Levou como agasallo un agarimo que lle encantou: unha acuarela do pintor  Lito Portela que foi o colofón a súa visita.









Os rapaces fixeron á entrada da biblioteca un mural precioso que mesturaba as especies mariñas e eos poemas do seu libro. Antonio quedou encantado.







No hay comentarios: