12.3.19

Club de lectura

Como xa sabedes, este curso o departamento de Lingua Castelá xunto coa biblioteca propuxémomos crear un club de lectura xuvenil (xa contamos con un de adultos e outro de Manga) e debido o número de alumnos apuntados e as diferentes idades dos mesmos, decidimos dividilo en tres grupos: 1º e 2º da ESO, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bach.

A primeira reunión  celebrouse o día 19 de febreiro despois das clases, e nel participaron os rapaces de 1º e 2º de bacharelato. Houbo unha asistencia masiva e o libro de lectura proposto, Demian, gustoulles moitísimo ós alumnos e comentaron moitos aspectos do mesmo como a dualidade entre o ben e o mal.

 As xuntanzas cos rapaces de 1º e 2º da ESO foron en dous recreos dos días 26 e 28 de febreiro e o libro proposto foi Momo. A verdade é que os profesores quedamos gratamente sorprendidos ó comprobar que os rapaces non só leron o libro senón que o disfrutaron de verdade e comentaron aspectos moi interesantes tanto do protagonista como de outras personaxes. Profundizaron ademáis en cuestións filosóficas, o que deu moito que falar.

En canto ós rapaces de 3º e 4º da ESO, o libro El guardián entre el centeno deu moito xogo para falar do protagonista e do seu futuro, para deterse en cuestións de identidade para eles como poden ser a adolescencia, a responsabilidade, a loucura...

 Foron unhas reunións moi interesantes cas que quedamos encantados tanto os profesores coma os alumnos participantes. Repetiremos!







No hay comentarios: