23.1.19

A galiña azul - Versión para títeres

Nesta sesión do club Vaidelibros tivemos o privilexio de contar co grande actor e titiriteito, Eduardo R. Cunha, Tatán, un dos creadores do grupo de títeres Tanxarina e actor do grupo.
Tocaba teatro  e queriamos, se era posible, contar cun actor. Tiñamos acceso a Tatán, actor de Tanxarina,  que está representando por toda España con tremendo éxito a versión que do conto de C. Casares (A galiña azul) fixo Cándido Pazó para este grupo de titiriteiros. Convidámolo e non dubidou en achegarse a Rodeira a falar cos lectores e lectoras do Vaidelibros.
Falounos de teatro, falounos de títeres e da súa elaboración, falounos do estado actual da cultura en Galicia, centrándose no mundo do teatro que é o que mellor coñece, falounos da pertinencia e actualidade que o conto de Casares ten hoxe en día.
Un pracer inmenso poder contar cun home que leva corenta anos traballando por e para o teatro nun país, Galicia, onde o poder non sempre sabe tratar como se merece a estes artistas da farándula que tan bos ratos nos proporcionan coas súas obras.

Unha das sesións máis numerosas deste ano. A obra e o actor espertaron interese.

Carla, alumna de 2º de bacharelato, entrega o agasallo a Tatán, o noso convidado.


No hay comentarios: