7.11.18

Samaín

O mércores 31 de Outubro a biblioteca encheuse de seres maléficos e contacontos de terror. Non faltaron tampouco os doces terroríficos e os enfeites que crearon un ambiente tenebroso axeitado para o desenvolvemento da actividade. Tanto os nenos de 3º da ESO coma o noso flamante director, Noé, contaron historias de medo que tanto nos gustan. Tamén tivemos algunhas profesoras e algún que outro alumno caracterizado como correspondía o día previo ao día de defuntos. Colocamos ademáis unha exposición de contos de medo nun dos estantes da entrada da biblio.










No hay comentarios: