6.11.18

Día das bibliotecas escolares

Este curso, como sempre facemos, festexamos o día das bibliotecas escolares coa visita do novo alumnado de 1º da ESO á mesma, onde fixemos unha exposición co canón sobre cómo buscar libros a través do OPAC MEIGA e todas as utilidades que esta páxina nos ofrece. Tamén lles amosamos ós rapaces as diferentes zonas da biblioteca, cómo teñen que buscar un libro, e lles explicamos que poden participar activamente na mesma tanto coma grupo de axudantes da biblio coma pertencentes ao clube de lectura ou o clube de Manga. Como xa son socios da biblioteca, tamén lles indicamos o número identificativo que ten cada un para poder levar os libros a casa. Foi todo un pracer comprobar que temos novos lectores ávidos de lecturas.





No hay comentarios: