7.11.18

Taller de escritura expresiva

Este luns tivemos a sorte de contar con Marisé Barreiro, unha persoa que se adica a impartir charlas e talleres sobre escritura expresiva e creativa. Convidámola a impartir dous talleres que tanta falla lles fan aos alumnos de 2º de Bacharelato para encarar os exames de selectividade. A verdade é que os rapaces estiveron moi atentos e participaron activamente na actividade, polo que o resultado foi o esperado. Voltará este venres para facelo cos outros dous grupos que quedan.













1 comentario:

Majo dijo...

Unha estupenda actividade a prol da creación literaria. Parabéns á biblioteca pola súa organización.