30.5.18

Historias del barrio. Que historias e que barrio!




Resultado de imagen de historias de barrio comic

As Historias del barrio de Bartolomé Seguí (ilustrador) e Gabi Beltrán (texto) non só gustaron a todos os lectores/as do club senón que encantaron!! Gustamos do texto con viñetas, da parte en prosa sen viñetas e das viñetas tamén. Un pracer de lectura na que a maioría dos presentes nos podiamos ver representados/as dalgunha maneira. E senón, o mero disfrute dunha historia moi ben contada, chea de emocións,  de grandes personaxes polo que teñen de reais, sen teren feito nada grande ou mesmo o contrario: non facer nada de bo, só deixarse vapulear pola vida dun barrio consumido pola prostitución, as drogas e a delincencia.
Desta volta resultaba complicado contar coa compañía do escritor do cómic e por iso intentamos cun artista galego a través do noso amigo e proveedor Melo, o de BD (Vigo). Non foi posible desta vez pero seguiremos insistindo.


E xa imos chegando ao remate deste curso. Quédanos a poesía, poesía portuguesa e, como non, o noso paseo final polas terras que antes pisaran os autores lidos. Ímonos ao norte de Portugal a ler poemas portugueses. Aínda estás a tempo de anotarte!!



No hay comentarios: