7.11.18

Club de Manga

Dende o curso pasado formouse no centro un clube de manga que, pouco a pouco, vaise ampliando. Reúnense todos os venres no segundo recreo e temos o pracer de poder dicir que, este curso, están a facer moitas actividades. Nós, dende a biblioteca, pretendemos dar cabida a demanda dos lectores destes libros e propiciamos que participen en actividades tanto dentro como fora do centro. O curso pasado levámolos a COMICON, un encontro de amantes do manga e do anime que se celebra todos os anos en Moaña e que conta con moitos particiantes. E este curso, como novidade, pretendemos publicar, en colaboración con outros institutos do Morrazo, un cómic de manga feito polos rapaces, polo que animamos a todos os que queiran a participar.






1 comentario:

Majo dijo...

Adiante con ese proxecto e a disfrutalo.