21.11.18

A boca pobre





O pasado 14 de novembro lemos e comentamos no club de lectura "A boca pobre", una novela breve de Flann O'Brien, escrita orixinalmente en gaélico, e logo traducida ao inglés e ao galego. No prólogo-presentación do tradutor indícase que, aparte da dificultade de traducir unha obra chea de hibernicismos e expresións típicas desta lingua celta, o obxectivo da novela é denunciar o "baleiro" que supón a idealización da forma de vida pura e primixenia do campesiñado pobre irlandés (o mesmo título fai referencia a isto), e o autor faino botando man da ironía e  a sátira, para burlarse de moitos dos tópicos irlandeses (presenza constante da chuvia e as tormentas, comer patacas, beber wisky...) e mesturando porcos e homes case  coma se fosen iguais. Algúns dos lectores/as salientaron a realidade da vida dura dos campesiños irlandeses mentres que outros alabaron a dimensión irónica da novela, escrita en moi pouco tempo (menos dun mes) e dotada dunha vis cómica innegable. En todo caso todos concordamos en que a ironía é unha poderosa arma contra o fanatismo, sexa do tipo que sexa.
                                                                                                             
                                                                                                                               PEPE TILVES




No hay comentarios: