30.4.18

Demos de verán no Vaidelibros

                                                                        Resultado de imagen de demos de verán
O mércores 11 de abril, á volta das vacacións de Pascua, xuntámonos para falarmos da última novela de Miguel Vázquez Freire, Demos de verán.

Nesta última novela, o autor de Anxos en tempos de chuvia, mergúllanos nunha historia que vai dende a dramática morte dun adolescente na España de posguerra (anos 60) nunha vila mariñeira do norte da Coruña, ata a actualidade na cidade de Roma onde reside un dos que investigaran a morte do rapaz. En todo ese tempo os fíos da pederastia, o fascismo e mesmo o esoterismo se enlean ata que un dos protagonistas, nun longo monólogo, trata de deslealos para o lector ávido de saber.

A reunión viuse enriquecida pola enorme sabidoría do escritor que ilustrou todo o relacionado coa trama da novela,  e máis.

Unha vez máis agradecemos aos escritores, neste caso Miguel, a súa boa disposición para compartir un tempo de amena conversa sobre un dos seus libros.

Miguel Vázquez déixanos o enderezo onde se aloxa a documentación da que botou man para a novela e que vai presentando en notas. E xa vai pola VI -A masonería.




No hay comentarios: