26.4.18

De Manuel a Iván



HUGO: Eu lin O Principiño de Antoine de Saint-Exupéry e gustoume porque a historia paréceme entretida e moi divertida.
MINERVA: Lin Verdade de Care Santos. Gustoume bastante aínda que non tanto como a primeira parte (Mentira), xa que é un pouco repetitivo e paréceme inxusto o que lle pasa ao protagonista.
Resultado de imagen de verdade care santos
EVA MARÍA: Eu lin Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, unha das magníficas historias de Ledicia Costas. Gustoume moito este libro xa que me resultou moi entretido. Faláranme moi ben del!
Resultado de imagen de jules verne e a vida secreta das mulleres planta



BORJA: O misterio de Portomarín: Son uns irmáns, un neno e catro nenas, que van de vacacións a Santiago. Despois dun tempo atopan uns ósos humanos nunha casa que está debaixo dunha ponte e tratan de buscar respostas.
Este libro gustoume polo final e a tensión que ten nalgúns momentos. Ademais empezáronme a gustar os libros de misterio despois de ler este.



Resultado de imagen de o misterio de portomarin
ANA: Eu  non lin nada porque é unha actividade que non me gusta moito e dábame preguiza ler un libro. Para a seguinte posta en común de lecturas conto con ler o libro A miña planta de laranxa lima.

Resultado de imagen de a mina planta de laranxa lima
IKER: O último traballo do señor Luna foi o libro que lin  en galego no primeiro trimestre. É unha obra escrita por César Mallorquí e é un libro cheo de intriga que te engancha desde o principio. Moi recomendable.
Resultado de imagen de o último traballo do señor luna
GABRIEL: O último libro que lin foi A Viaxe ó Centro Da Terra. Entretívome moito nas partes de acción e o que máis me chamou a atención foi o contido do libro que se reflicte no título. Este tipo de libros gústame por ser de ciencia ficción.
ALEX: Un dos últimos libros que lin foi Rebeldes. Foi un libro moi entretido xa que está ambientado nos barrios dunha cidade americana na que hai conflitos entre os máis ricos e os máis pobres . Non estou acostumado a ler este tipo de libros. 
Resultado de imagen de rebeldes en gallego libroHai unha versión en cine deste libro que me apetece moito ler.
 IVAN: Eu lin Sangue sobre a neve de Manuel Forcadela. Gustoume moito porque é un libro de acción con moito suspense aínda que tamén sempre está a pasar algo na historia que te mantén 
Resultado de imagen de sangue sobre a neveç galego libro entretido todo o tempo

No hay comentarios: