4.4.18

O que é a vida

  O pasado 24 de xaneiro fixemos unha posta en común na cafetería do instituto  sobre os libros O que é a vida de Manuel Lourenzo e Que me queres, Amor? de Manuel Rivas. Foi unha sesión especial para saírnos da rutina e comentar o libro que estivemos lendo no mes de xaneiro mentres tomabamos un complemento do almorzo da casa.

o que e a vida-manuel lourenzo-manuel lourenzo gonzalez-9788483026335 

Todos estivemos de acordo en que a lectura de O que é a vida foi pracenteira, entretida, cun léxico doado para a nosa idade e algúns pensamos que tamén algo enredante polo feito de mesturar a realidade e a ficción. Pese a todo recomendamos este libro a lectores aos que lles gusten as boas historias.


Resultado de imagen de que me queres amor

As que lemos Que me queres, amor? recomendamos especialmente a lectura do relato "A lingua das bolboretas" que foi tamén levada ao cine co mesmo título.

Gustounos este relato por como o neno narrador nos fai ver o mundo dos adultos dende o seu punto de vista e tamén pola dozura e sensibilidade que se pode dar mesmo en situacións tráxicas como foi o golpe de estado franquista.

No hay comentarios: