20.3.18

Os mexillóns que esperan para seren comidos

Resultado de imagen de Mexillóns para cearResultado de imagen de Mexillóns para cear         Resultado de imagen de mejillones para cenar

Por fin no Vaidelibros lemos os Mexillóns para cear que tantas veces propuxera unha das compañeiras do club.
A novela da autora alemana Birgit Vanderbeke gustou a case todos os lectores/as do club pese á sensación de certo agobio que causou en todos nós. O agobio provocado pola acelerada narración que, efectivamente non dá respiro, pola situación que se narra, pola sensación, a medida que avanzas na lectura,  de que algo peor do narrado aínda pode acontecer... 
Este libro levounos tamén ao relato de situacións vividas na infancia nosa , ben afastada xa da actualidade,  e na que algún episodio podía ter coincidido co que se conta nesta novela. Daquela, a maiores, o relato da alemana transportounos á nosa propia infancia e a facer o mesmo exercicio de lembranza que sen dúbida tivo que facer a autora de Mexillóns para cear. Ela conseguiu unha excelente obra narrativa, nós, tan só,  un relato oral ameno.




No hay comentarios: