26.2.18

Un almorzo con VERDADE

Nunha clase de desdobre xuntámonos na cafetería para falar nun ámbito máis coloquial sobre o libro que leramos nas vacacións de Nadal: Verdade. É a continuación do libro Mentira, da autora Care Santos.
Verdade
Unha vez sentados á mesa, cada un pediu unha bebida, ou leite con colacao ou kas. Comezamos a falar un por un sobre o que nos parecera o libro. As opinións foron diferentes. A algúns gustoulles pero a gran maioría coincidía en que lles agradaba máis a primeira parte (Mentira) cá segunda, por distintos motivos: porque lles parecía que as situacións que vivía o protagonista eran demasiado desgraciadas, os capítulos eran demasiado curtos, o final foi moi forzado...
No único en que coincidimos todos foi en que o libro se lía ben e non se facía pesado.
Eu persoalmente penso que aínda que esta historia non sexa tan acertada como a primeira, o seu maior erro é voltar a contar outra vez a historia do primeiro libro, xa que así a autora non se centra en desenvolver un novo contido no que poida sorprender aos seus lectores.
En conclusión, parece que neste caso é verdade o dito de que segundas partes nunca foron boas.
Gustaríame volver quedar na cafetería para falar de novo acerca doutro libro nun apetitoso "Almorzo Literario".


                                                      AINARA OTERO MARTÍNEZ  3º ESO C

No hay comentarios: