17.1.18

Feminismo para principiantes





Ao comezo do curso escolar, como todos os anos, reunímonos para decidir as lecturas que imos facer no Vaidelibros ao longo do curso. Previamente, imos recollendo ideas, opinións e suxestións que nos van  axudar na escolla. Unha desas propostas foi lermos algo relacionado coas mulleres, feito por mulleres,... en fin, aproveitar propostas interesantes que imos coñecendo tras descubrir o moi recomendable blog de cultura feminista La tribu.
E nestas que demos cun interesante ensaio (un dos xéneros que non falta na programación) da xornalista Nuria Varela que nos pareceu moi interesante para coñecer a historia do feminismo dende as orixes ata os nosos días. O libro é Feminismo para principìantes .
A falta da autora en persoa, adicamos uns minutos a escoitar un fragmento da conferencia  Violencia simbólica e tamén nos servimos do cine para poñer o punto de humor necesario e máis cando se tratan temas de tanto calado. A película escollida non podía ser outra ca Con faldas y a lo loco.




No hay comentarios: