7.12.15

Eu son Balbino

O martes, 1 de decembro, aproveitando a Hora de Ler que se desenvolvía nese momento nas aulas da ESO, Outhmane, Estela, Karima e Majo, xunto con Ruth e Andrea como fotógrafas, interrumpiron uns minutos a lectura individual para compartir a lectura do inicio de Memorias dun neno labrego, a obra máis significativa de Xosé Neira Vilas e da literatura galega,   nun intento de homenaxear ao autor finado o venres anterior.
Non podiamos deixar pasar o momento sen facer chegar a todos e todas a invitación a ler a obra emblemática deste autor tan querido tanto polo que deixa escrito como polo que leva traballado a prol da difusión da nosa cultura e da defensa do noso.
Ademais, a nosa biblioteca deixa á vista e alcance  de todos e todas a obra da que dispón deste autor para que  poidamos lela e disfrutala.





                 Alumnado de 3º ESO e FP Básica lendo Memorias dun neno labrego 


                 Alumnado de 3º ESO escollendo libros de Neira Vilas da exposición da biblioteca

No hay comentarios: