11.12.15

Xavier Senín e Isabel Soto, tradutores do último Astérix, charlan co alumnado de Rodeira

 O venres, 4 de decembro, o alumnado de 4º ESO asistiu á charla de Xavier Senín e Isabel Soto, tradutores ao galego da última entrega de Astérix (Le papire du César- O papiro).
Os tradutores foran convidados pola orientadora do centro, Chus, que foi quen fixo a presentación da charla.
Ao longo da mesma os tradutores foron explicando distintos detalles do seu traballo ao tempo que mostraban un pouco da historia dos cómics, en xeral, e dos Astérix en particular.

Unha charla moi ilustrativa e que mantivo durante case dúas horas a atención do público asistente, alumnado de 4º ESO.
Ao remate da charla o alumnado fixo entrega dun agasallo aos conferenciantes que desta volta foi cadansúa acuarela do pintor moañés Lito Portela.

No hay comentarios: