18.12.15

Escarlatina, a cociñeira defunta.

Resultado de imagen de escarlatina A COCIÑEIRA DEFUNTA
Escarlatina, a cociñeira defunta (editorial Xerais), da autora viguesa Ledicia Costas e con ilustracións de Víctor Rivas, foi o libro escollido para a segunda sesión do club de lectura dos Papalibros de Rodeira.



A obra gañadora  do Premio Merlín de Literatura Infantil (2014) e do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 
(2015) ten como obxectivo, en palabras da propia Ledicia Costas, “desmitificar o tema da morte a través do humor macabro” (Faro de Vigo, 6 de outubro de 2015).
O miolo da historia comeza cando Román Casas recibe polo seu  décimo aniversario un agasallo que os pais mercaron na web Inframortos; o agasallo chega do Inframundo metido nun cadaleito; dentro aparece, en pezas, Escarlatina, unha nena morta do século XIX que só podía ser activada polo protagonista da novela.

Escarlatina e a súa amiga Lady Hogggrreugggr (unha araña francesa  que vive no seu nariz) levarán a Román e ao seu gato Dodoto ao Alén; alí terán que cociñar xuntos un manxar que guste tanto aos vivos coma aos mortos. Se o logran, Escarlatina resucitará e Román poderá volver ao mundo dos vivos. Conseguirano?



Os Papalibros reunidos para falar de Escarlatina...

O alumnado comentou  varios aspectos da obra que lle gustaron pola súa orixinalidade, especialmente o lugar onde se desenvolve a acción ( o cemiterio) e os personaxes ( os mortos); tamén destacaron que é a primeira vez que len un libro no que, entre capítulo e capítulo, hai  unha receita de cociña.


                               
Outro dos aspectos que contribúe, sen dúbida, ao éxito do libro entre os nosos lectores son as marabillosas ilustracións de Víctor Rivas.

   Resultado de imagen de imagenes de escarlatina a cociñeira defunta                 

No hay comentarios: