18.12.15

10 de decembro - Día Internacional dos Dereitos Humanos

Durante a semana do 10 de decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, o alumnado de 2º ESO xunto cos profes de Educación para a cidadanía, Mario e Rita, elaboraron un fermoso libro que recolle a redacción dalgún dos "dereitos humanos" tomados de distintas fontes así como textos alusivos aos mesmos e imaxes que ilustran o seu contido.
                                  Carmen Soto e Mario guiando ao alumnado na búsqueda de información.
                                       Rita preparando o caderno que recolle todo o traballo.

Unha vez rematada a elaboración do libro, en distintas horas da mañá e na biblioteca, o alumnado fixo a lectura dos textos e tamén se proxectaron as diferentes imaxes que ilustran o libro. Ao tempo foise gravando un vídeo que temos aínda en elaboración e que será presentado neste post.

 
Isaac e Valeria fan lectura pública dos textos coas imaxes proxectadas ao fondo. 


Dende outras áreas  traballouse igualmente esta xornada noutras actividades tales como a papiroflexia de grulllas e lectura do libro Sadako y las mil grullas de papel de Eleanor Coerr, 
en matemáticas,

 











ou o visionado do vídeo Binta y la gran idea, con  posterior debate, na hora de Atención educativa.
 


Un moi bo traballo tanto por parte do alumnado coma dos profes que guiaron o mesmo.


No hay comentarios: