17.1.16

O bichero no Vaidelibros

Este mércores, 13 de xaneiro, xuntámonos os Vaidelibros para dar comezo ao novo ano lector nunha das mellores compañías posibles, a de Luis Davila, O bichero, o noso cómico gráfico de cabeceira, o referente da tira cómica actual, o que nos arranca o primeiro sorriso da mañá nada máis velo no Faro de Vigo, ou no facebook, ou no what's app...
Pois si, grazas ao noso compañeiro Quique, amigo persoal do debuxante, Luis Davila ofreceuse a acompañar a sesión do Vaidelibros na que traiamos lidas as súas tiras cómicas recollidas n'O bichero I ata o V (último).
A xornada resultou moi entretida, divertida, curiosa,  pois o creador do Bichero ten moito dos seus personaxes e facilmente arranca a risa como o fan a s súas tiras cómicas.
Agradecemos dende o noso blog a entrega do autor ao non escatimar nada do seu tempo para, ao final, adicarnos cadanseu libro, tanto o exemplar da biblioteca coma o Nº V que adquirimos aquí.
 Mostra das tiras do xornal Faro de Vigo, ao que está suscrita a biblioteca do centro e presentación da charla
                                         Momento da amena charla ofrecida por Luis Davila

                                      O autor de O bichero asinando exemplares do seu último libro

No hay comentarios: