3.12.15

Baricco Tierras de cristal no Vaidelibros

O 4 de novembro o Vaidelibros retomou a súa actividade coa lectura de Tierras de cristal, de Alessandro Baricco. Esta vez partimos da proposta dunha das mamás lectoras que, vía e-mail,  nos recomendou encarecidamente a lectura desta novela que a ela lle gustara moitísimo. E, coma sempre, houbo quen gozou moito coa lectura de Baricco e aqueloutros aos que esta obra non lles agradou. Si foi case unánime a opinión sobre a riqueza da prosa de Terras de cristal (e da obra deste autor en xeral por aqueles que tiñan feitas outras lecturas deste autor) tanto pola súa expresividade como pola riqueza léxica da mesma.
Unha vez máis gozamos da lectura e a conversa animada sobre o libro lido.
Grazas pola recomendación e ánimo a seguir propoñendo lecturas.
Vémonos o 2 de decembro para falar da seguinte obra.



No hay comentarios: