30.11.14

Neira Cruz cos Papalibros en Rodeira

O pasado venres, 28 de novembro, os Papalibros de Rodeira disfrutaron dunha charla-comida con Xosé A. Neira Cruz na biblioteca do instituto.

Apenas pasara un ano dende que conversaran co autor vía Skype. Neste derradeiro venres de novembro estivo presente, comendo e charlando cos Papalibros tal como prometera facelo aquel día de maio deste mesmo ano.

Grazas de novo a X. Antonio Neira Cruz pola súa simpatía , xenerosidade e  agradable charla que nos tivo entretidos unhas dúas horas dun remate de semana despois de cinco sesións de clase.



E aí van algúns dos comentarios dos Papalibros que asistiron á charla-comida :


A  charla pareceume moi entretida e eu quero axudar a escribir ese relato en conxunto que nos propuxo o autor.
PAULA GUARDADO-3ºESO

Comparto a opinión de X.Antonio Neira de que o que che gustan son os libros e non o autor. Este pode gustarche pero facer libros que non che gusten e viceversa.
SILVIA LINO-3ºESO


A charla con X. Antonio Neira Cruz estivo moi ben.  Penso que a xente espera atoparse con alguén aburrido ou así, pero non, son xente moi divertida e con boas anécdotas.
ANDRÉS BLANCO-3ºESO

Das anécdotas que contou o autor, a da vendedora de baños e "O armiño dorme" foi a que máis me gustou.
ROQUE BARCIA-1ºESO-B

Unha das cousas que máis me gustaron deste autor é o bo contador de historias que é.
MANEL IGLESIAS




No hay comentarios: