25.11.14

A esmorga de Ignacio Vilar

A versión cinematográfica da grande novela de Blanco Amor, A esmorga, estreouse en todos os cines de Galicia o venres 21 de novembro. A recadación da fin de semana dá idea do enorme éxito que a película está acadando.
Parabéns para todos os participantes na iniciativa e os mellores desexos para o cine galego feito en galego.

para máis información podes ver este enlace en sermosgaliza.gal


Ocórresenos que é unha boa ocasión para reler a novela que temos na biblioteca!




No hay comentarios: