8.12.14

Santiago Cortegoso vén charlar de teatro cos Vaidelibros

O pasado mércores, 3 de novembro, os "Vaidelibros" xuntámonos para comentar a obra de Santiago Cortegoso, 0,7% Molotov, Premio Rafael Dieste 2009.
Contamos coa presenza do autor, recentemente galardonado co Álvaro Cunqueiro de teatro, que revelou moitos dos segredos da súa creación como autor de obras de teatro, como actor e como director.
Dende o noso blog dámoslle as grazas ao autor por acompañarnos nesta cita  mensual do "Vaidelibros" e tamén a Isabel Ávila, a nosa compañeira, por recomendarnos a lectura desta obra e a compañía de Santi. Tamén foi motivo de alegría a presenza de alumnado de 2º de bacharelato que, mesmo en época de exames, fixeron o esforzo de ler a obra e asistir á sesión (da que, por certo, saíron moi contentos).

Ademais dalgunhas fotos da sesión deixamos un enlace á páxina de Ibuprofeno Teatro aquí, compañía teatral que dirixe Santi xunto coa súa compañeira e actriz, Marián Bañobre. 





No hay comentarios: