Tiñamos moitas ganas de irmos á librería BD, a librería de Melo, o noso asesor en materia de banda deseñada. E alá fomos.
Tamén pensamos en visitar unha librería especializada en texto literario cuns libreiros especializados en asesorar a súa clientela, e por iso escollimos Versus.
Para rematar o percorrido, unha librería especializada en libro galego e portugués, Andel , ideal para o noso grupo lector de libro en galego.
E velaquí o resultado das nosas compras polas tres librerías de Vigo que visitamos.
Podemos dicir que o éxito foi rotundo, o trato inmellorable e mesmo o tempo nos acompañou: espléndido día de sol para atravesar as ruidosas rúas de Vigo.
Sen dúbida, cómpre repetir, non si?
No hay comentarios:
Publicar un comentario