11.12.14

Unha web a visitar


guia2015

Queremos recomendar unha páxina web que nos chega a través de facebook e que algúns xa coñeceredes (pica aquí)
Recomendamos especialmente a "Guía de libros recomendados para niños y jóvenes 2015" (están tamén as de anos anteriores). 
Ademais de lecturas moi apetecibles de ficción, ao final das recomendacións aparecen unha serie de libros relacionados coa lectura e  o fomento da mesma que dan ganas de lelos todos de seguido.
Agora que se achega o Nadal, tempo de lecer e de ler (e tamén de agasallar), aí vos deixamos esta referencia de visita obrigada. 
Recordade, contodo, que a nosa biblioteca se apunta á campaña do agasallo en galego. Daquela, se o hai en galego,  MELLOR!

Bo Nadal a todos e todas,  lectores e lectoras. 


No hay comentarios: