12.11.14

Volve o "Vaidelibros" de Rodeira.

O pasado 5 de novembro inauguramos a tempada 2014-2015 do Club de Lectura "Vaidelibros" da biblioteca de Rodeira cunha xuntanza para comentarmos a novela "O edificio Yacoubian", do escritor exipcio Alaa Aswany, para o cal tivemos o privilexio de contar coa presenza da tradutora da obra ao galego, a exalumna deste centro, Fátima Tourari, de quen todos os presentes, maioritariamente mulleres, gabaron o seu labor de tradución. Ela manifestou a súa ledicia por estar de novo no centro e atoparse con antigos mestres/as e coñecidos e comentounos a súas dificultades para verquer ao galego a inmesa expresividade afectiva da lingua árabe. A novela reflicte a través dos habitantes dun edificio do Cairo, un reflexo da sociedade exipcia actual, cos contraste de clase, incidindo en temas como a discriminación da muller, a corrupcion gubernamental, a violencia policial, a auxe do yihadismo e, en definitiva, a falta de democracia e os problemas de adaptación nos cambios de réxime. E todo isto feito cunha linguaxe, grazas á excelente tradución, directa e realista. Case todos os presentes concordamos en que a novela é de fácil lectura, malia a gran cantidade de personaxes e historias cruzadas que ten, polo que resultou do noso agrado. A obra, que foi un gran éxito editorial no mundo árabe e que avanzou o que despois sería "a primavera árabe", conta tamén cunha película do mesmo título, a cal, malia a súa longa duración, resulta recomendable ver. En fin, unha obra que nos pode axudar a tratar de comprender mellor a realidade exipcia, tan distante da nosa mentalidade.
PEPE TILVES



Isabel Ávila, profesora de Fátima no seu primeiro curso en Rodeira, foi encargada de presentarnos á nosa exalumna, tradutora da novela.


O grupo de profes, nais e alumnado que participou na primeira sesión.

Deixámosvos unha mostra do comezo da película baseada na novela e que tedes á vosa disposición na biblioteca.





1 comentario:

Unknown dijo...

Como me alegro saber de Fátima, dinlle clase en 1* de Bach e lémbrome moito dela, era unha alumna moi traballadora, intelixente e tenaz. Eu era o titor do grupo no que estaba e pasàronme un aviso do Equipo de Normalización para reclutar alumnado: foi a única da clase que se apuntou, comentou algo así como que sentía que entre o galego e o castelán pasaba algo parececido ao que ocorría entre o bereber (que falaba a súa avoa) e o àrabe.
Se tendes contacto con ela facédelle chegar unha aperta.
Outra para vós.
Cándido Fernàndez (física e química)