25.11.14

Os Papalibros len a Neira Cruz

Chegou o día do encontro cos Papalibros para comentar e reflexionar acerca de dúas obras de X. A. Neira Cruz.
Os alumnos de 3º ESO leron As cousas claras, unha novela publicada na colección Fóra de Xogo da editorial Xerais. Os rapaces reflexionaron sobre os múltiples temas dos que trata o libro: o amor, a amizade, as relacións pais-fillos, as relacións profesorado-alumnado, o sexo, as calumnias e as difamacións, a pederastia, a homosexualidade...
Valorárono como un libro ameno e entretido; só lle fixeron algunha crítica ao final, ao que consideraron algo inverosímil.
 Os alumnos de 1º ESO leron A noite da raíña Berenguela, unha obra de teatro do mesmo autor. Durante os encontros nos recreos fixeron unha lectura á italiana ( cada alumno tiña un personaxe e foron lendo a obra entre todos). Foi unha actividade ben interesante e atractiva para eles.
Na reunión para comentar o libro cada alumno púxose no lugar do personaxe que “interpretou” e fixo unha valoración dese personaxe.
Lectura "á italiana" nas sesións de recreo dos xoves


Posta en común da lectura na biblioteca

A lectura destes libros ten “premio”: o autor, X. A. Neira Cruz, visitará o noso instituto o próximo 28 de novembro para falar cos alumnos do club de lectura no que esperamos que comparta con eles todos os segredos do oficio de escritor.

No hay comentarios: