13.6.14

"Skipeando" con Xose A. Neira Cruz

O 12 de xuño os Papalibros xuntámonos na biblioteca para ter unha conversa vía Skype co escritor X. Neira Cruz, autor de A noite da raíña Berenguela, a última obra proposta no Club deste curso.
Despois de medio-solventar problemas técnicos, os Papalibros puidemos facerlle as preguntas ao autor que xa tiñamos preparadas e recibir en directo as respostas deste.
A experiencia desvelounos a xentileza, afabilidade e cariño de Neira Cruz e tamén unha outra vía posible de comunicación cos autores dos libros lidos.
Grazas dende aquí a Neira Cruz e que saiba que esperamos poder ler pronto a obra da que nos falou.



No hay comentarios: