22.6.14

Despedimos a Os Papalibros

O venres, 20 de xuño, último día de clase do curso 2013/14, despedíronse Os Papalibros cunha pequena festa na que houbo un pouco de todo: agasallos, enquisas, sorteo de libro, bo ambiente e,  por suposto, algo para picar e non perder a sona de "papadores".
As despedidas sempre son tristes pero non tanto cando sabemos que nos volveremos atopar e que o amor polos libros e a lectura nos vai levar a un novo encontro, sexamos Papalibros ou como queiramos chamarnos.
Grazas a Alba polo seu traballo tan ben feito, pola súa capacidade organizativa, por andar detrás dos lectores a meterlles o libro na man, polo seu cariño cara a todos os que estivemos aí e pola LECTURA, polos LIBROS que nos fixo ler.
Un pracer  compartir todo este tempo de lecturas, actividades varias, relación directa cos autores,... e galletas e doces que, na hora do recreo, saben mellor ca nunca.

A disfrutar do verán e vémonos en setembro!! E seguimos a ler, claro!!
Empeza a festa. A comer!

Opinando sobre como foi o club

Enchendo as enquisas





No hay comentarios: