11.6.14

Os que marcharon e os que aínda quedan

Un ano máis, a nosa biblioteca sentiu a falta do alumnado de 2º de bacharelato. Hoxe tocaba ocupar as aulas da Facultade de Ciencias para facer o exame de Selectividade. Aulas universitarias que acollerán a máis de un/unha dos que foron nosos/as durante estes anos.
PARABÉNS por ter rematado con éxito a carreira no instituto e SORTE para continuar o camiño que aínda queda e que hoxe empeza.

Os que quedamos seguimos activos e este era o ambiente da biblioteca hoxe, a poucos días do remate do curso, coa preparación dos exames que aínda quedan por facer.


No hay comentarios: