25.6.14

Tempo de lecer, tempo de ler. As nosas recomendacións para o verán

Este curso decidimos dar outra forma ás recomendacións de lecturas e películas de cara ao verán. Os/as que quixeron participar da actividade houberon de escoller un libro e/ou peli da biblio e expoñelo nas estanterías de fóra anotando nun marcador verde o nome de quen recomendaba. No caso do alumnado pedíase tamén o curso. Conseguimos así facer visibles e palpables as recomendacións e tamén botar man do material que xa temos e que ás veces non coñecemos ben.
Ademais fixemos compra de novidades atendendo a peticións de alumnado e profesorado ou ben por criterio da biblioteca. A idea era igualmente proporcionar obras que poidan ser ofertadas no club de lectura do vindeiro curso. 
Con satisfacción podemos dicir que as fotos a día de hoxe mostrarían estantes baleiros. Realmente, poñer o material á man surtiu efecto. Anotamos a iniciativa para posteriores ocasións.
A exposición resultante é a que se ve nas fotos e os títulos... aí van en lista.

Grazas a todos os participantes e FELIZ VERÁN LECTOR!



Escollas de profes
Deshonra, COETZEE
Herba moura, T. MOURE
El baile, I. NEMIROVSKY
O acomodador e outras narracións, M. SUÁREZ
Los huesos de Descartes, RUSSELL SHORTO
Enderezo descoñecido, KRESSMAN TAYLOR
Cuentos completos e Poesía completa de M. BENEDETTI
Baixo as rodas, H. HESSE
En la orilla, R. CHIRBES
Julie y los lobos, JEAN C. GEORGE
Matar un ruiseñor, HARPER LEE
El coronel no tiene quien le escriba, G.GARCÍA MÁRQUEZ
O silencio redimido, SILVIO SANTIAGO
Logicomix, A. PAPADATOS
El plan infinito, I. ALLENDE
Las tres bodas de Manolita, A. GRANDES
Las bicicletas son para el verano, F. FERNÁN GÓMEZ
La física de los superhéroes, J. KAKALIOS
Libertad, J FRANZEN
O xogo de Ender, ORSON S. CARD

Escollas do alumnado:
As bruxas, R. DAHL
El baile de los lobos, LAURA GALLEGO
Corazón de tinta, C. FUNKE
Donde los árboles cantan, L. GALLEGO
El señor d los anillos, TOLKIEN
Lume de biqueira, X. VÁZQUEZ PINTOR
Rebeldes, SUSAN E. HINTON
Na procura de Ed o riseiro, K. DEITCH
La isla del tesoro, R.L. STEVENSON
O misterio das badaladas, X.P.DOCAMPO

Películas:
El diario de Ana Frank
Desayuno con diamantes
El viaje de Chihiro
El apartamento
Intocable
Concursante
Gattaca
Tierras de penumbra





No hay comentarios: