23.1.14

Os Papalibros. Obradoiro de banda deseñada con Xosé Tomás




En decembro os Papalibros lemos Nómades, de Xosé Tomás, unha novela gráfica formada por breves episodios que teñen como fío condutor a emigración e como protagonistas a mulleres de diferentes idades e condicións.

Invitamos a Xosé Tomás ao instituto para que desenvolvese un “Obradoiro de banda deseñada”, actividade na que é experto, e para que nos falase da súa obra. 





Explicounos a orixe da palabra CÓMIC: procede do inglés e significa “cómico” ; opinou que non lle parece a palabra axeitada para referirse ao xénero que mestura debuxo e texto porque non todas esas obras son cómicas. Considera que a mellor palabra é LIANHUAHUA, palabra chinesa que significa”imaxes encadeadas”; como é difícil de pronunciar,  opta pola denominación “Banda deseñada”.

 

Falounos dos elementos dese tipo de obras e fixo un breve repaso pola historia do xénero: o primeiro debuxo en color foi Yellou Kid (1895) do autor Richard Felton Outcalt.


Ensinounos un marabilloso exemplar en cor titulado Little Nemo, unha obra gráfica do tamaño dun xornal.


O tempo pasou rápido e o noso interese polo que nos contaba era grande. O tema era tan amplo que o autor  non chegou a falarnos  de Nómades, a obra que o trouxo ao instituto; ao día seguinte soubemos que se comprometeu a volver para profundizar nas características desa obra concreta.


Esperamos que a actividade sexa tan interesante como a anterior.

                                    Andrés Blanco ( 2º C ESO)

No hay comentarios: