23.1.14

Os Papalibros e Asasinato no Orient Express.

Asasinato no Orient Express de Agatha Christie foi a obra escollida para a sesión do club de lectura de xaneiro.

 

Asistiron á reunión doce alumnos dos cales a metade non foi quen de rematar o libro; varios atrancos se interpuxeron no camiño dos nosos lectores: era unha obra longa, tiña un vocabulario complexo, era difícil facer o seguimento dos personaxes e dos razoamentos do detective,...

Os que o remataron, porén,  consideraron que o libro mantivo a súa atención grazas ás investigacións de Poirot que os inducía a pensar que calquera podería ser o culpable e grazas á curiosidade por saber quen era finalmente  o autor do asasinato.



Esta lectura complementarase co visionado da película  do mesmo título dirixida por Sidney Lumet.

 

No hay comentarios: