20.1.14

Con Rubén Ruibal no Vaidelibros de decembro

O 4 de decembro celebramos a segunda xuntanza do Vaidelibros. Levabamos lida a obra de Rubén Ruibal, Limpeza de sangue. E se disfrutamos da lectura, como así se reflectiu nas diferentes intervencións, aínda máis da presenza do autor quen, con toda xenerosidade,  atendeu á nosa petición de asistir á sesión do club.
Realmente gozosa esta segunda reunión do Vaidelibros e, dende aquí, queremos reiterar o noso agradecemento a Rubén pola súa participación, o relato do seus amplos coñecementos do mundo do teatro e da literatura en xeral así como o seu humor e amor polo teatro. Xa estamos á espera de máis obras, Rubén!







No hay comentarios: