26.11.13

Sesión do club de lectura dos Papalibros

“O curioso incidente do can á media noite”

O pasado día 5 de novembro tivo lugar na biblioteca a reunión do club de lectura “Os Papalibros” para falar sobre O curioso incidente do can á media noite, un dos libros máis exitosos de Mark Haddon.
                                                           
Fixemos unha ronda de opinións dicindo o que máis nos gustara  e o que menos. Tamén vimos unha pequena presentación sobre o libro e o autor.


Para acompañar esta reunión trouxéronnos un biscoito moi rico.
 
O próximo libro que temos que ler titúlase Nómades, escrito por Xosé Tomás e a reunión terá lugar o próximo 2 de decembro.


Pablo Gayo, Julio Ortega e Iván Baqueiro  2º B E.S.O.

No hay comentarios: