26.11.13

EDITORIAL RINOCERONTE

O día 4 de novembro de 2013 ‘Os Papalibros’ fomos á editorial Rinoceronte, na Pedra Alta, en Cangas. Chovía a mares.

Recibiunos o director, Moisés Barcia, e contounos un pouco sobre a editorial fundada no 2005 por el e unha compañeira.  Cando a rexistraron, os nomes que enviaron foron: Translatio, Zig-Zag e Rinoceronte, co cal quedaron.

Ensinounos como traballaban os empregados (tecleaban moi rápido!).Tamén nos falou dos libros. Ao principio publicaban dez  anualmente; actualmente publican trinta. O primeiro libro editado foi ‘O Bosque dos Raposos Aforcados’, de Paasilina, que é un dos dous títulos máis vendidos xunto con ‘O Curioso Incidente do Can á Media Noite’, de Mark Haddon.

Ao final  ensinounos catro “ferros” (probas da versión dun libro antes da súa publicación definitiva): ‘O Misterio do Lixo Mutante’ traducido ao galego, castelán, eusquera e catalán.

Cando rematamos, fomos de volta ao instituto; iso si, cunha boa molladura!

Julio Ortega, Iván Baqueiro, Aitor Gandón - 2º B -ESO









 

No hay comentarios: