15.4.13

Contos de Edgar Allan Poe


Contos completos
Os contos de medo e mesmo de terror chegaron ao club de lectura dos Papalibros da man de Edgar Allan Poe, autor estadounidense do século XIX e un dos mestres universais do relato curto.

Os alumnos leron unha selección de contos do mencionadoautor: “O gato negro”, “Tres domingos nunha semana”, “O corazón delator”, “A caixa oblonga” e ” A mascarada da norte vermella”. Pablo Gayo e Julio Ortega mesmo se decidiron a ler “O escaravello de ouro”, un texto que case é unha novela curta.


Eramos conscientes da complexidade deses relatos, polo que nos sorprendeu o grao de aceptación do alumnado:  puxéronlle gana, leron con interese, intercambiaron as súas impresións e sentíronse gratificados por seren capaces de acceder a uns textos que requerían un alto nivel de lectura.


Quen queira seguir o camiño dos Papalibros, pode ler os contos completos de Poe traducidos ao galego nunha magnífica edición da editorial Galaxia.

Esperámosvos a todos e todas na próxima reunión do club para comentar a lectura de O clan da loba , de Maite Carranza.

No hay comentarios: