8.5.13

CONTACONTOS NOS COLEXIOS DE CANGAS

Os alumnos  de 1º ESO , para celebrar o día do libro,  fomos contarlles uns contos  aos nenos de Educación Infantil dos colexios da Rúa, Coiro-Castrillón e Nazaret. Mentres un alumno lía o conto, outros íano escenificando para que os nenos puidesen comprender mellor o que lles estaban a ler.
Os contos representados foron Cando Martiño tivo gana de mexar na noite de Reis, O conto do osiño rosa,  Un conto de galiñas, Cocorico, A mosca chosca e Os tres porquiños.
Foron uns días moi divertidos: fomos andando aos colexios, puidemos facerlles unha pequeña visita aos nosos anteriores profesores, disfrazámonos para escenificar os contos,… pero o mellor de todo foi ver o ben que o pasaron os cativos.
                                               Javier Pérez, 1º B ESO
Un momento da representación de Cando Martiño... no colexio da Rúa.

Os alumnos de 1ºA escenifican A mosca chosca.

Agora Os tres porquiños.

No cole de Castrillón, ao final da sesión.

No hay comentarios: