27.2.13

LOGO DOS PAPALIBROS


O club de lectura "Os papalibros" precisaba un logotipo que o representase. Desde a biblioteca convocamos un concurso para buscalo.
Os participantes, alumnos de 1º e 2º da ESO,  presentaron 11 traballos.
O xurado, formado por Xosefa Martínez (profesora de Lingua Galega e vicedirectora), J.L. Rojas (profesor de Informática) e Juan Sicilia (profesor de Educación Plástica e Visual),  concedeu o premio a Catalina Eirea de 1º ESO A. 


Catalina co logo premiado


De esquerda a dereita,  Andrés, Uxía, Javier e Catalina cos seus traballos. Detrás, Manel.



Manel Iglesias e Javier Pérez.



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa á gañadora,moi bo traballo e parabéns a todos os participantes.

Papalibros dijo...

Un logo moi fermoso, noraboa!! Pero non esquezades que dende o 2008 no IES de Melide (A Coruña) xa existe un club con este mesmo nome. Saudiños