14.2.13

O xogo de Ender



 
A sesión dos Papalibros de xaneiro estiva adicada á lectura de O xogo de Ender de Orson Scott Card.

Conta como Ender, un neno de seis anos, foi adestrado polos gobernantes da Terra para ser un líder militar e derrotar aos abázcaros, unha raza que xa intentara destruír en dúas ocasións o noso planeta. Ender debía evitar a 3ª invasión.
 

Aitor Gandón, alumno de 1º ESO B, foi o asistente que máis disfrutou co libro. Fixo unha lectura moi reflexiva e destacou que o máis interesante foi o proceso de adestramento ao que se viu sometido o neno na escola.

 
O xogo de Ender iniciou unha saga con ese protagonista.Os que queiran seguir a aventuras do noso personaxe, pódeno facer lendo o segundo volume, titulado  O portavoz dos mortos.


No hay comentarios: